Innovación Educativa - Proxecto educativo na aula

Desde que iniciou o curso comecei a aplicar na aula un proxecto educativo que quero que coñezades para que esteades informados do traballo que estou realizando cos meus “grandes exploradores” de 4ºB. O programa que estou aplicando parte da miña preocupación por potenciar nos nenos e nenas o seu desenvolvemento persoal e social.


O Proxecto Educativo fundaméntase en varias ramas científicas como a Psicoloxía Positiva e a Pedagoxía Ambiental, e céntrase en tres aspectos fundamentais:





1º. TRABALLAR A ATENCIÓN PLENA (en inglés “mindfulness”). Entendemos por atención plena un conxunto de técnicas encamiñadas a potenciar no alumnado un estilo de vida baseado na consciencia e a calma, que lles permita vivir íntegramente o presente, concentrarse, relaxarse… todo iso para mellorar a súa atención, o rendemento académico, aprender mellor, e á vez reforzar diversas habilidades que contribúen ao equilibrio emocional.


Para traballar a atención plena utilizo contos e xogos para a reflexión e atención e técnicas de meditación como as contidas en libros como:



Podedes consultar estes vídeos que destacan a importancia de traballar a atención plena nas aulas:

2º. TRABALLAR AS FORTALEZAS PERSOAIS que, seguindo a autores como Peterson e Seligman (2004), agrúpanse en torno a unha serie de virtudes:

· Virtude 1: Sabedoría e Coñecemento (creatividade, curiosidade, apertura mental, amor pola aprendizaxe e perspectiva). 
· Virtude 2: Coraxe (valentía, perseveranza, integridade e vitalidade).
· Virtude 3: Humanidade (amor, amabilidade e intelixencia social). 
· Virtude 4: Xustiza (cidadanía, sentido da xustiza e liderado). 
· Virtude 5: Moderación (capacidade de perdoar, modestia, prudencia e autocontrol).
· Virtude 6: Transcendencia (apreciación da excelencia, gratitud, esperanza, sentido do humor…).

O desenvolvemento das fortalezas persoais traballarase a través do Programa de Aulas Felices:

                                                                               

3º. TRABALLAR A RESPONSABILIDADE AMBIENTAL. É moi importante traballar a problemática ambiental nas aulas. A calidade da nosa vida depende do estado do medio ambiente, seremos mais felices e viviremos mais sans na medida en que aprendamos a respectar e coidar o noso entorno. É necesario facer reflexionar aos nenos e nenas sobre a dimensión social da problemática e sobre a influencia que as súas actividades diarias poden ter na protección dos recursos naturais. Isto axúdalles a ser críticos e críticas cos actuais estilos de vida, e foméntanse valores de respecto á natureza e comportamentos responsables para a mellora da realidade. Para traballar en Educación Ambiental seguiremos un enfoque constructivista seguindo una metodoloxía global que inclúe as seguintes estratexias: 









A finalidade última de todo este traballo, é facer a nenos e nenas máis autónomos, máis capaces de desenvolverse no mundo que lles rodea, mais sensibles coa realidade, con mais intelixencia emocional, mais responsables e solidarios e, en definitiva, máis felices e preparados para vivir nun mundo en constante cambio.