Animación á lectura

Este curso imos traballar con diferentes ferramentas para animar á lectura á nosa Patrulla de Exploración de 4ºB.



-        HORA DE LER: Na "Hora de Ler" na aula comezaremos a facer unha lectura compartida do libro “O misterio dos fillos de Lúa“ de Fina Casalderrey. Este libro relata unha tenra historia coa que traballaremos o valor da amizade e a importancia das relacións familiares. O libro conta como á gata de David, Lúa, desaparécenlle as súas fillas ao día seguinte de telas. O pequeno David non o entende e, coa axuda da súa amiga Branca, emprenderá unha investigación. Conseguirán achar a tempo ao culpable?
- DIARIO DE LECTURA: Cada neno e nena fixo a portada do seu propio “Diario de Lectura” nunha cartulina de cor. A ela iremos engadindo folios nos que os nenos e nenas anotan algún recordo do libro que leron: pode ser unha opinión, un debuxo, unha descripción do personaxe principal... É unha forma sinxela de traballar esquecéndonos das "fichas de lectura tediosas” que tan pouco lles gusta facer e que lles afasta do verdadeiro obxectivo: que se interesen polos libros e pola lectura.

-        LECTÓMETRO: Estamos traballando na aula cun Lectómetro. O Lectrómeto é un instrumento no que os nenos e nenas levan un rexistro dos libros que leen. Cada vez que leen un libro o anotan no lectómetro pegando un punto de cor na casilla correspondente. Ao longo do curso irán pasando por diferentes niveis lectores dependendo do número de libros que lean: desde o “Nivel Xeo” (lectores e lectoras iniciados/as) ata o “Nivel Tolo/a da Lectura” (lectores e lectoras expertos/as).

-        FOLLA DE REXISTRO DE LECTURA NA CASA: Os nenos e nenas levarán todos os días para casa nunha funda de plástico unha folla de rexistro na que anotarán as lecturas que fagan na casa. Cada día que lean uns quince minutos deben colorear a casilla correspondente. Recomendo que eses quince minutos se fagan antes de dormir, de forma que sirva de relaxación e lles permita conciliar mellor o sono. É unha maneira de autocompromiso coa lectura.


-        MOCHILA VIAXEIRA: Os nenos e nenas xa están levando a Mochila Viaxeira. Poden tela na casa un máximo de 15 días. Espero que gocedes da lectura en familia!.