sábado

BO VERÁN

Foi un ano fantástico!  Agora a gozar do verán. BO VERÁN


CUCHIPANDA E FESTA FIN DE CURSO

Fixemos unha gran cuchipanda de fin de curso, vimos películas e escoitamos música.


... e a o día seguinte seguiu a festa que nos tiña preparada a AMPA, con xogos, maquillaxes, tatuaxes, froita fresta, xelados, baile, cancións...

CONCURSO OPERACIÓN TRIUNFO

No mes de xuño, con motivo do final de curso, fixemos un concurso de "Operación Triunfo". Participaron todas as nenas e nenos, xa foxe como cantantes ou como xurado. Finalmente gañaron os que mellor prepararon as cancións, mellor voz tiñan e mellor posta en escena. Parabéns a Sara, Malena e Carlos polo seu "Triunfo"!

CAMIÑO DE SANTIAGO

Xa no fin de curso tiñamos un evento moi esperado polos nenos e nenas que nos preparou a profe Bea de Educación Física. Percorrimos un tramo do Camiño de Santiago polas rúas de Tui. As nenas e nenos foron seguindo pistas e participando en xogos para así poder seguir a ruta e gañar puntos. Foi unha actividade moi divertida. Ao final do camiño tomamos unha merenda nas escadas da Catedral de Tui.






PREMIOS DE LECTURA

Esta semana outorgáronse os premios "estrelas da lectura" aos alumnos e alumnas que mas leron durante o curso e que o foron anotando no noso "lectómetro". Parabéns a Brais, Lucas e Carlos por ler tanto e por contarnos todas as historias que coñeceron!




mércores

DEPORTE - PIRAGÜISMO

Hoxe tivemos unha xornada de deporte coa visita ao Club de Piragüismo Penedo de Tui. Deíxovos algunhas fotos para que vexades o divertido que foi practicar este deporte.











EXPOSICIÓN FIN DE CURSO

As familias podedes visitar esta semana a exposición das obras de pintura elaboradas polas nenas e nenos de 4ºB sobre os "Pintores Galegos".  Quedou fenomenal! As nenas e nenos de 4º son grandes pintoras e pintores!







MUSEO SOLIDARIO nos corredores do centro

Onte as nenas e nenos de 4º visitamos o "Museo Solidario" realizado cos traballos pictóricos do alumnado do centro (Proxecto de Pintura do centro: "Coas nosas mans o teu sorriso"). Durante a visita escoitamos as explicacións dadas polos nenos e nenas dos demais cursos sobre as súas exposicións: arte rupestre, impresionismo, abstracto, pintoras galegas, arte de Roma, Picasso... Logo fixemos unha aportación en solidariedade cos afectados na explosión de Paramos.



domingo

AS MÁQUINAS

En Ciencias da Natureza comezamos a estudar as máquinas.

ÉPOCA ROMANA

En Ciencias Sociais estamos traballando a Época Romana. Seguimos elaborando o libro "Da Prehistoria á Historia".

DÍA DO MEDIO AMBIENTE, 5 DE XUÑO

Esta semana celebramos o Día do Medio Ambiente. O medio ambiente está composto por moitos elementos, e entre todos ten que haber un equilibrio, hai que protexelo  e cuidalo. Na aula elaboramos uns mosaicos sobre a natureza. Aquí van algúns deles:


mércores

PROXECTO DE PINTURA

Hoxe os nenos e nenas de 4ºB colaboraron pintando o mural que se está realizando nas columnas do pabellón do colexio.


MAXIA CON JAVIER MURO

Hoxe asistimos ao espectáculo do gran mago Javier Muro. Foi un espectáculo interactivo onde o alumnado saiu a colaborar e a facer de "magos" e "magas", coa boa intención de crear maxia, aínda que logo as cousas non saian como se esperaba, xa que todo comezou a romperse nas mans dos colaboradores. Pero sen dúbida o que mais gustou ás nenas e nenos, por destacar algo en concreto, foi o debuxo dunha pizarra que cobrou vida e comezou a falar...


Neste vídeo podedes ver algo do seu espectáculo:

TEATRO DE TÍTERES

Esta semana acudimos á Área Panorámica para disfrutar do espectáculo da compañía de Redondela Tanxarina. Foi unha actuación maravillosa que encantou a todas as nenas e nenos. O protagonista da obra foi Roberto, un neno que recibe a noticia de que ao seu avó quérenlle quitar a casa. Ante esta inxusta situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución e, nesa búsqueda, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

Aquí podedes ver un video con algunhas das escenas da obra.

venres

HORTA ESCOLAR

Hoxe continuamos a nosa tarefa na horta escolar. Tocaba regar e quitar algunhas malas herbas.


xoves

VISITA A BALAÍDOS


Era una visita moi esperada! Un amable guía contounos a historia do Celta, visitamos o seu museo, accedemos ao campo pola misma saída que o fan os xogadores e coñecemos os vestiarios.

EXCURSIÓN A NATURNOVA

Este martes as nenas e nenos visitaron Naturnova, un espazo interactivo no que puideron viaxar en submarino ao fondo da ría, ver o sistema solar en movemento, escoitar unha tormenta ou gozar da realidade virtual sobrevoando Galicia. Gozaron moitísimo da visita!!!!


PROXECTO DE PINTURA

Neste terceiro trimestre continuamos coñecendo as obras de pintores galegos. As nenas e nenos de 4º traballamos afondando na técnica do pintor coruñés Jorge Peteiro.




luns

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos o Día do Libro (23 de abril). Dende o equipo da Biblioteca organizouse unha actividade de "Contacontos entre aulas irmandadas". As nenas e nenos de 4ºB están irmandados con 2ºA e 3ºC, así que léronse libros uns a outros, e todo iso... no patio... co sol dándonos un caloriño...

Logo os nenos e nenas ilustraron os contos que leron en grandes murais ao rededor do pavillón. O pasaron en grande!, foi una xornada de lectura fantástica!